1/6

Mais Cantos

“Canto tradicional e popular, cantos de taberna e actividades de convivencia e lecer a través da música, o ritmo e o canto”.

Iniciativa musical e cultural destinada a transmitir, fomentar e vivir o canto tradicional, popular e cantos de taberna a todo tipo de públicos.

Creada e dirixida por Nelson Quinteiro, organizamos, ao longo de todo o ano, actividades de lecer e experiencias arredor da música, o ritmo e o canto.

Conmemoramos o ciclo festivo do ano desfrutando sempre, do aspecto gastronómico.