MAIS CANTOS A CARÓN

"Musica, ritmo, memoria e acompañamento a domicilio para os nosos maiores e coidadores"

É o noso programa máis ambicioso e de carácter asistencial, núcleo duro do noso espíritu futuro, e que consiste na formación e posta en funcionamento dun equipo de profesionais altamente formados en música tradicional e popular, animación, protocolos hixiénicos, asistencia terapéutica, musicoterapia e improvisación mediante o humor positivo de cara a prestar un servicio de acompañamento individualizado (ben sexa a domicilio, en centro sanitario ou residencia) para as nosas persoas maiores e os seus coidadores/as, especialmente aquelas persoas máis dependentes ou con patoloxías asociadas á memoria.

 

A idea é seleccionar e formar a diferentes artistas (músicos, cantareiros, bailadores, actores e actrices con competencias musicais) que se adapten ao perfil social e asistencial que o programa require e complementar as súas competencias con materias como protocolos hixiénico-sanitarios, psicoloxia e neuropsicoloxía, primeiros auxilios e coidados asistenciais, así como formación administrativa e burocrática para o desempeño da súa función, que sendo fundamentalmente artística terá que ser segura dende o punto de vista hixiénico-sanitario, positiva, constructiva e de axuda aos coidadores/as e persoas do entorno dos nosos destinatarios. Previndo carencias observables e ofrecendo asistencia administrativa.

 

A construcción e caracterización de cada personaxe será dende o propio “eu” de cada artista, pero creando unha tipoloxía de personaxes moi característicos e recoñecibles, partindo de elementos que fusionen a roupa e complementos tradicionais con outros elementos que constrúan esa personaxe. Cada personaxe terá un nome propio asociado con ritmos, xéneros ou palabras relacionadas coa tradición cultural galega.

A visita de cada personaxe será individualizada a cada destinatario, e cumprirá un riguroso CÓDIGO ÉTICO de obrigado cumprimento por parte dos nosos profesionais:

 

As visitas serán gratuítas.

De cara a garantizar a máxima calidade tratarase dun traballo profesionalizado por parte dos nosos artistas.

Será Máis Cantos quen se encargue da financiación, planificación, organización e relacións laborais das visitas a desenvolver, que en todo caso cumprirán as máis esixentes garantías laborais.

En ningún caso se aceptará retribución ou coste por parte dos destinatarios, sexa monetario ou en especies.

A financiación procederá de empresas colaboradoras o de donantes, públicos ou privados.

As visitas dos nosos artistas serán un agasallo para os nosos maiores e o seu entorno, tanto nos seus domicilios coma en hospitais ou residencias.

 

A nosa metodoloxía de intervención basearase na musicoterapia, a improvisación a través do humor positivo e a búsqueda da estimulación a través da música, o ritmo e a memoria.

A idea é introducir unha nota de cor, un sopro de aire fresco, un estímulo novo, e mudar o ambiente por un intre. Cada artista buscará a súa paleta propia e característica de intervención, quedando completamente excluídas temáticas que puideran causar controversia, como política, fútbol, relixión, etc...

 

Todas as visitas terán un carácter confidencial e rigurosa protección de datos de carácter personal.

 

Os nosos artistas recibirá formación específica en temas de xestión administrativa e asistencia social, de cara a ofrecerse coma unha ponte entre os nosos destinatarios e a administración, de tal xeito que os nosos destinatarios/as poidan beneficiarse de toda a batería de dereitos que dende a administración pública están á súa disposición.

 

A reciclaxe artística constante e a posta en común das experiencias de cara a maior aprendizaxe e especialización conxunta serán unha das bases do noso traballo, así como a protección psicolóxica do/as nosas/as artistas.

Regularmente organizaranse seminarios formativos e de asistencia psicolóxica para poder dar o mellor de nós mesmos no desempeño da nosa misión.

 

A procura da calidade no servicio prestado será de obrigado cumprimento por parte dos noso artistas para poder seguir levando a cabo a nosa laubora.

Ao respecto crearanse figuras orgánicas de control de calidade, así como protocolos, formularios e medidas internas de control da calidade do servicio.

“Música, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores, os seus entornos  e toda a comunidade”.

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-vimeo
  • w-youtube