ORGANIZA O TEU EVENTO!
CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com

MAIS CANTOS ACHEGA

"Alegría e ritmo en pildoriñas de vibración conxunta"

É un programa complementario a “Mais Cantos A Carón” pero diferenciado nun aspecto fundamental.

Se a visita dos nosos artistas, no programa “A Carón” é individualizado e personalizado según as necesidades dos destinatarios e entorno, no caso de “Mais Cantos Achega” estamos a falar dun programa de intervención baseado nun destinatario colectivo.

Para elo trázanse visitas conxuntas dos nosos artistas, ou dos nosos colectivos, de cara a amenizar xornadas, celebrar eventos ou actividades festivas, transmitir información, sensibilizar sobre a nosa misión ou financiar o resto dos nosos programas.

Para elo ponse ao servicio dos nosos colaboradores un catálogo de propostas escénicas e musicais segmentadas segundo os destinatarios: colexios, residencias, festivais, prazas, locais de hostelería, etc...

 

Dende propostas infantís para informar e concienciar sobre a nosa misión a actuacións dirixidas a todos os públicos, ben individuais, dúo, cuarteto ou corais como fórmula de comunicación sobre a nosa misión e ao mesmo tempo de finanzamento, continuidade e viabilidade dos nosos programas.