EMPRESAS SOLIDARIAS

Responsabilidade social corporativa

Cumprir os nosos obxectivos de “achegar música, ritmo e memoria aos nosos maiores e coidadores” require un apoio decidido e importante de múltiples axentes, especialmente de empresas e patrocinadores privados.

 

As visitas dentro do programa “A Carón” non teñen custo algún para os familiares nin para os hospitais e centros onde traballamos.

Todas as visitas fináncianse grazas ao compromiso e colaboración das empresas e persoas que nos apoian e sen as cales o noso traballo non sería posible.

 

As empresas son cada día máis conscientes da importancia de colaborar coa súa contorna inmediata a través do seu departamento de Responsabilidade Social Corporativa ( RSC).

Este tipo de apoio á sociedade presenta multiples vantaxes: notoriedade, imaxe de marca, proximidade co público obxectivo e fai patente a implicación da empresa na mellora das condicións de vida e benestar dos nosos maiores.

 

Ademais, desde Mais Cantos apoiamos a difusión dos acordos e actividades, a través das nosas redes sociais e outras vías de comunicación, sempre en coordinación coas empresas. Desta forma, máis persoas e empresas poden coñecer o valor deste tipo de accións solidarias.

 

Se como empresa, queres colaborar con algún dos programas “Mais Cantos”, poremos á túa disposición diferentes vieiros de participación, en función dos nosos programas:

 

Programas “Experiencia Mais Cantos” ou “Mais Cantos Faíscas”.

Poderás participar connosco de xeito plenamente convencional, mediante merchandaising, equipamentos e/ou vestiario para os nosos artistas e participantes, ou apoio específico a algunha das nosas experiencias públicas. Tamén poderedes promover a vosa propia experiencia específica. En calquera caso, todo tio de colaboración nestes programas terán reflexo en visitas individualizadas do programa “A Carón”.​

Programa “A Carón”

A túa empresa pode ser o motor e patrocinador directo de visitas individualizadas e personalizadas dos nosos artistas a persoas maiores e os seus entornos, especialmente a aquelas en situacións máis claras de dependencia e patoloxías asociadas á memoria (alzheimer, demencia...)

Poderedes decidir a cantos, como facelo, ou a zona xeográfica onde proxectar as túas visitas aos nosos maiores, alma da nosa misión.

Programas “Achega” ou “Vida”

Podes botar man do noso catálogo de propostas específicas detalladas nos programas “Achega” ou “Vida”, propostas escénicas e musicais segmentadas en función dos nosos destinatarios ou eventos a celebrar. Tamén propostas A MEDIDA das túas preferencias á hora de comunicar e proxectar a túa colaboración coa misión fundacional de Mais Cantos: “Música, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores”.

CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com

“Música, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores, os seus entornos  e toda a comunidade”.

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-vimeo
  • w-youtube