1.jpg
Preme na imaxe
para descargar un completo dossier sobre o programa

EXPERIENCIA MAIS CANTOS

"Unha experiencia de empoderamento e de vibración conxunta"

É o primeiro, máis característico e máis consolidado dos nosos programas en activo, e do que forman parte case un cento de persoas.

 

A “Experiencia Mais Cantos” é un programa de dinamización sociocomunitaria a través do canto popular, tradicional e de raíz artellado en forma de clases e ensaios permanentes e regulares simultáneos en diferentes puntos e con diferentes grupos de 20 a 40 persoas, actualmente activos en Marín, Pontevedra e Lourido (Poio).

 

Ademais dos ensaios regulares, simultaneados e abertos a todos os membros, organizamos regularemente encontros, festas e cantadas colectivas nas que as cantigas de sempre serven como un punto de unión, convivencia e moita diversión.

 

O que comezou sendo unha proposta de carácter cultural, abraiounos pouco a pouco cunha ampla gama de efectos colaterais de índole sociocomunitaria en crecemento exponencial.

 

Ademais de crear un xeito inédito de desfrutar da música popular, a “Experiencia Mais Cantos” converteuse nunha ferramenta de empoderamento dos nosos maiores que lles permite coñecer xente do seu mesmo perfil, ampliar os seus vencellos sociais creando parroquia, motivarse por obxectivos, dar sentido ás súas rutinas, divertirse e pasalo ben participando nunha "experiencia de vibración conxunta" que, xa como espectáculo de convivencia, comezamos a distribuir e ten pasado con moitísimo éxito por prazas de concellos como Rianxo, Pontevedra, Sanxenxo, Portonovo, A Coruña, Combarro, Poio, Moaña, Marín...

ORGANIZA A TÚA EXPERIENCIA!
CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com