_REP0961-1.jpg
CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com

MAIS CANTOS FAÍSCAS

"Tecendo experiencias de vibración conxunta como ponte interxeracional"

As linguaxes dende as que abordar o traballo con persoas maiores e con nenos son diametralmente diferentes, pero dende a nosa experiencia amosan moitos puntos comúns.

Moitas das dinámicas que traballamos ó enfocar o traballo con cativos funcionan increíblemente ben ó adaptalas ao traballo cos nosos maiores, dado que hai procesos que teñen que ver coa desinhibición, a carencia de complexos ou o xogo que se amosan moi comúns e fructíferos.

Este é un dos grandes descubrimentos cos que nos atopamos á hora de deseñar e enfocar as nosas “Experiencias Mais Cantos” e que, por iso, consiguen que as nosas postas en escena enganchen ós máis pequenos da casa.

Sabedores desta realidade e motivados polo interesante da nosa metodoloxía aplicada ó obxectivo de tender unha ponte interxeneracional, proxectamos “Mais Cantos Faíscas” como unha proposta de programa coas seguintes características e obxectivos:

 

Crear ensaios permanentes e simultaneados en contidos cos que xa están en vigor coas persoas maiores, enfocados a novos grupos de idade e segmentados na súa metodoloxía didáctica: nenos e nenas de 3 a 6 anos, nenos e nenas de 7 a 11 anos, e adolescentes de 12 a 18 anos.

A idea é compartir repertorio, compartir xogos rítmicos e de posta en escena, compartir espíritu e enerxía. Chegar, por diferentes camiños, ao mesmo destino.Estes pódense levar a cabo dende os propios centros educativos ou dende iniciativas públicas ou privadas independientes.

Proxectar e implementar proxectos de participación conxunta.

Encontros, festas, cantadas colectivas, compartindo repertorio, xogos rítmicos, código de roupa e caracterización, como ponte interxeneracional e de celebración da vida e dos ciclos festivos do ano (Entroido, Maio, San Xoan, Festas Patronais, Magosto, Samaín, Nadal, etc...)

 

Mellorar o concepto e imaxinario social das novas xeracións sobre as persoas maiores, transmitíndolles aos mais novos/as, a través da música e tradicións, valores de encontro, empatía, escoita, respeito, traballo en común, esforzo, ilusión, achega...

 

Enriquecer, dar futuro e diversificar a enorme potencia e enerxía sociocomunitaria que xa de por sí teñen as “Experiencias Mais Cantos” que se veñen celebrando regularmente, pero xa como unha festa global que axunta diferentes tramos de idade, públicos e participantes.