INSTITUCIÓNS SOLIDARIAS

Compromiso coa sociedade

Se hai unha ensinanza clara a partir dos últimos acontecementos vividos como sociedade con motivo da crise sanitaria do Coronavirus é que temos varias asignaturas pendentes e débedas permanentes como cidadanía.

A primeira delas é o compromiso coa sanidade pública e as condicións nas que o noso personal sanitario realiza a súa laboura.

A segunda, clara e meridiana, e que nos ocupa son as condicións e xeito no que tratamos aos nosos maiores.

É con este motivo é que Mais Cantos, como realidade, pretende dar este salto cualitativo nas súas bases fundacionais e nos seus obxectivos e funcionamento que presentamos neste proxecto.

Pensando nos nosos maiores.

A eles debémoslle o noso agradecemento como constructores e garantes do sistema económico sobre o que se construíu o Estado de Benestar na nosa civilización occidental e no noso sistema político e económico actual.

A eles debémoslle a nosa xenerosidade e sacrificio en forma de confinamento á hora de protexelos dos efectos de pandemias como a do Coronavirus.

 

Pero tamén existen outras “pandemias”que silenciosamente causan baixas entre os nosos maiores das que non se fala: soidade, aillamento, depresión, alzheimer, demencia senil, e que xeran situacións dramáticas, tanto para eles como para os seus entornos.

Neles temos que pensar de cara a dignificar as súas condicións de vida, acompañalos, empoderalos, proporcionarlles alternativas, medios de convivencia, interrelación personal ou tamén, no seu momento, acompañamento e asistencia.

 

O mesmo pasa coas industrias culturais e de lecer.

 

Unha crise como a do Coronavirus lévanos a pensar en outros xeitos de empregar as nosas competencias, os nosos talentos, os nosos “dons” e poñelos ao servizo dos máis vulnerables por medio de propostas que creen sinerxias, que xeren efectos colaterais de alta rendabilidade e de proveito social, que levan parellas externalidades que nos axuden a construir unha sociedade e un mundo mellor.

 

De aí o noso prantexamento de propostas tan ambiciosa e complexa.

 

Tendo como xermolo o programa “Experiencia Mais Cantos” e como alma máter das nosas intencións o programa “A Carón”, dende Mais Cantos queremos ofrecer unha proposta programática integral que sexa quen de presentar variedade e de construír os alicerces para o noso funcionamento autónomo, independente e apolítico de tal xeito que se garanta o cumpriemento do noso fin fundacional e que é levar música, ritmo, memoria e acompañamento aos nosos maiores e os seus entornos.

 

Ó pensar nun destinatario público pensamos en dirixirnos dun xeito transversal ás áreas de benestar social, atención á muller -dada a nosa pirámide poboacional, realidade observada e distribución-, cultura, festas, promoción económica ou incluso mocidade -programa faíscas-, creando proxectos específicos en cada sector pero de interese transversal, de tal xeito que toda intervención nunha desas áreas implique un valor engadido que afecta ás outras áreas.

 

De cara, entón ás administracións públicas, pensamos que o máis efectivo será idear propostas específicas analizando as necesidades de cada realidade en cuestión de cara a establecer convenios multisectoriais e multidisciplinares nos que poidamos dar resposta a varias necesidades xerando sinerxias de proveito.

CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com