PROGRAMAS

PROGRAMAS MAIS CANTOS
1

5 PROGRAMAS

PARA UNHA

MESMA

MISIÓN:

MÚSICA, RITMO, MEMORIA
E ACOMPAÑAMENTO PARA OS NOSOS MAIORES

O desenvolvemento e despregue de Mais Canto como ferramenta social farase por medio da  proxección  e implementación e de 5 PROGRAMAS, que arraiguen e solidifiquen a nosa realidade, lle den continuidade no futuro, amplien os seus propósitos fundacionais, xeren emprego e ao mesmo tempo sexan quen de crear propostas con reflexo social e asistencial para as nosas persoas maiores e os seus entornos.

Unha ferramenta de empoderamento e de convivencia a través do poder da música popular e tradicional artellada en forma de ensaios permanentes, regulares e simultáneos en diferentes bisbarras, destinados a crear "experiencias de vibración conxunta".

2

Musica, ritmo, memoria e acompañamento a domicilio para os nosos maiores e coidadores.

É o noso programa máis ambicioso e de carácter asistencial, núcleo duro do noso espíritu futuro, e que consiste no acompañamento individualizado (ben sexa a domicilio, en centro sanitario ou residencia) para as nosas persoas maiores e os seus coidadores/as, especialmente aquelas persoas máis dependentes ou con patoloxías asociadas á memoria.

3

Proposta destinada a tecer pontes interxeneracionais mediante a posta en marcha de ensaios permanentes, regulares e simultáneos con nenos e nenas, de cara a crear novas experiencias conxuntas.

4

Alegría e ritmo en pildoriñas de vibración conxunta.

É un programa complementario a “Mais Cantos A Carón” pero diferenciado nun aspecto fundamental. Se a visita dos nosos artistas, no programa “A Carón” é individualizado e personalizado según as necesidades dos destinatarios e entorno, no caso de “Mais Cantos Achega” estamos a falar dun programa de intervención baseado nun destinatario colectivo. Visitas a colexios, residencias, hospitais, empresas, co obxectivo de comunicar e contribuir a levar "Música, ritmo e acompañamento para os nosos maiores". 

5

É un modelo de intervención enfocado ao colaborador particular.

Baseándonos no concepto de “conciencia solidaria”, dende Mais Cantos ofrecémonos a “poñer voz, música e ritmo aos momentos da túa vida” co compromiso de que a nosa participación nos teus eventos vitais dará “Musica, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores e coidadores”.

  • w-facebook
  • Twitter Clean

CONECTA CONNOSCO!

  • w-vimeo
  • w-youtube

s

CANDO ENSAIAMOS

(Fases 2 e 3 da desescalada COVID19) A partir 1 de xuño de 2020

Rúa Beiramar 62

CAMPELO 36995

Poio

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

Luns

Local Social AA VV LOURIDO

Parque Costa Xiráldez de Lourido (Poio)

17:30 h

AULA ABERTA DE CANTO 

Aforo: 10 persoas (Cita previa)

19:00 h

AULA ABERTA DE CANTO 

Aforo: 10 persoas (Cita previa)

ENDEREZO

Suscríbete ás novas

Luns 

20:30 h

PARQUE COSTA XIRÁLDEZ

Lourido-Poio-Pontevedra

ENSAIO XERAL ABERTO

SUSCRÍBETE ÁS NOVAS

“Música, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores”.