COMUNIDADE

AS NOSAS HISTORIAS
Pituca, 71
Lourido

Para min Mais Cantos é unha terapia debido ao meu estado de salud.
Esto axúdame un montón cando vou ós ensaios, e non digo nada cando facemos unha cantada.
Ese día son feliz. Ata se me olvidan os dolores tan grandes que teño.
Logo coñeces personas entrañables que compartes con elas.
Todos somos unha grande familia, cousa que aos meus anos venme de marabilla.

ÚNETE A MAIS CANTOS!
OU CONSÚLTANOS:

ascmaiscantos@gmail.com

Ángel, 66
Cangas

Cuando me jubilé, después de desarrollar un trabajo muy activo me di cuenta que estaba siendo muy difícil pasar de cien a cero.
Me dediqué a intentar meterme en todo tipo de actividades para quedarme, al final, con las que me aportaran algo que me diera paz y ganas de vivir.
Fui cerrando las que sentía que no me daban lo que buscaba, y así llegué a Mais Cantos.

 

Poco a poco fui sintiendo que la compañía era buena, el proyecto me permitía mediante la música volver a mis raíces.
La alegría y las lágrimas de emoción de quienes nos escuchan es más que suficiente para sentirte feliz, y sientes que estás haciendo algo hermoso.
Y sientes que tienes un millón de amigos incondicionales con los que te une la música, la amistad y las ganas de vivir.
Y hoy, cuando nos encontramos en un momento tan difícil, Mais Cantos te aporta la ilusión de seguir luchando por la vida.

Rosa, 77
Marín

Para min é o máis, estar no grupo.
Será porque vivo sola.
É o máis despois da miña familia.
Teño moita familia, pero cada un ten a súa vida.
Eu tamén teño para pasalo ben. A Mais Cantos.

Nelson, 40
Campelo
FUNDADOR

A enfermidade de Lita comezou pouco a pouco. Esquencíase de apagar o lume cando facía de comer. Trabucábase nos ingredientes. Queimaba as potas.
Foi Tino, o seu home e meu sogro quen, pouco a pouco, foi tomando o timón das tarefas da casa. Pouco a pouco a cousa foise poñendo máis preocupante.

 

A demencia foille afectando á mobilidade.  Á fala.  Ó control fisiolóxico.  Deixou de recoñecernos, desconfiaba da xente da televisión, berráballes. Comía como un paxariño. Deixou de comer.
Durante os dous anos que durou o proceso, a enfermidade foille apagando a memoria, as faculdades, a mobilidade. Aínda así a música e as cancións foron dos últimos interruptores en apagárselle.
Non lembraba os nosos nomes, ás veces raiábase nunha frase e podía estar horas dicindo o mesmo, coma que está cunha ladaíña. Sen embargo, se a animabas, podíache cantar de memoria unha e outra cantiga que aprendera de cando nena entre Galicia e Portugal.  Ducias de cantigas. 
E neses momentos, parecía que conectaba, por un intre, connosco. Nós cantábamoslle. Estimulábamola coa música, co cantar, tocábamoslle a gaita, o pandeiro. Aprendíamos dela e cantábamoslle cousas que ela xa non lembraba. Tino, o seu home, podía pasar toda a mañá cantándolle, contándolle cousas, animándoa a cantar. El si que sabía. Centos de cantigas. Toda unha vida de cancións.
Un día Tino púxose maliño. Eu creo que se cansou, que se rendíu. 
Había algo naquela enfermidade que non acababa de entender. Toleaba.  Ós poucos días de faltar el, ela empeorou de todo. Morreron o mesmo día, na mesma habitación do hospital. Tino, o seu fillo, e meu compañeiro, que loitou a batalla en primeira liña, agarrábaos aos dous da man.
Esta experiencia fíxonos vivir en primeira e segunda persoa, unha problemática que afecta a mais persoas das que debería. Milleiros de persoas. Que é unha auténtica epidemia.
Na nosa experiencia a administración nos estivo, nen se lle agardou.

Nunca nos responderon á solicitude de invalidez para Tino, que cada vez renqueaba máis das costas e das pernas. Nen a axuda a domicilio para Lita, para aliviar a carga dos dous Tinos. Non chegou sequera, despois de dous anos, a avaliación preliminar dos servicios sociais, nen municipais nen autonómicos.
Despois do vivido quedan varias opcións.

Unha é conformarse e aliviarse, o problema segue ahí, pero para outros. A quen lle toque, que arríe.

A outra é queixarse, envenenarse, resentirse, buscar responsables ou implicar aos axentes políticos.
Nós optamos por deseñar esta proposta, despois de moito meditar, falar e grazas a un cúmulo de casualidades e de cousas que foron aparecendo no increíble camiño dende que
empezamos a vivir a Experiencia Mais Cantos.   

Elena, 67
Pontevedra

Para min, recién xubilada, desconectando do mundo laboral, foi como que xurdiu unha cousa xenial e marabillosa na que eu me sentín totalmente ben e me aportou moitísimas cousas.
Coñecín a xente marabillosa, que non imaxinaba que ía coñecer.

O ir aos ensaios apórtame ilusión, despois imos tomar algo, é como que temos un motivo para esforzarnos un pouco, saír da casa e é moi gratificante.
 

Cando saímos cantar, nas Experiencias de Mais Cantos, vivo unha sensación por momentos onírica, todos vestidos de branco, cantando esas cancións tan bonitas... É como ir en globo.
As conversas de tú a tú gústanme moitísimo. Coñecín grandísimos amigos.
Agora mesmo dinme... isto rematou... e para min sería como quedar mutilada, como que me ía faltar de súpeto algo moi importante na miña vida.
A nivel familiar non me aportou nada que non tivera, porque son afortunada, pero reafirmou a miña independencia.

Ángel Ferreño
Pontevedra

Mais cantos faime sentir o que sinten uns avos cos netos ! Ledicia!

Os compañeiros son xoias pra min. Canto me agariman!!

Como algo tan sinselo me fai sentir tan grande!!

Co amor que hai neste grupo ides deixar sen traballo aos anxos.

Sodes un pedazo de ceo, ternos, garimosos, un bálsamo pra a miña vida.

E non me dá vergoña dicilo, sintome xoven, seguro, feliz.

É un orgullo formar parte de este proxecto.

Moitos presumen de luxos e cartos, eu presumo de compañeir@s e sobre todo, do artífice desta historia “o grande Nelson Quinteiro, pra min un referente, persoa sensible que nos leva como o aire as follas e que os que xa temos reflexos no pelo, el enchenos de puro ouro o corazón.

Lee aquí

máis testemuñas

dos nosos

amigos e amigas

de Mais Cantos!

“Música, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores, os seus entornos  e toda a comunidade”.

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-vimeo
  • w-youtube