MAIS CANTOS VIDA

"Poñendo voz, música e ritmo a todos os momentos da túa vida"

É un modelo de intervención enfocado ao colaborador particular.

Baseándonos no concepto de “conciencia solidaria”, dende Mais Cantos ofrecémonos a “poñer voz, música e ritmo aos momentos da túa vida” coa conciencia de que a nosa participación nos teus eventos vitais dará “Musica, ritmo, memoria e acompañamento para os nosos maiores e coidadores”.

Para elo, ao mesmo que no programa “Achega” poñemos ao servicio dos nosos colaboradores particulares un catálogo de propostas escénicas e musicais, pero neste caso, segmentadas segundo os eventos da vida: bautizos e presentacións, comunións, tanto relixiosas como civís, bodas ou ceremonias de celebración do amor, cumpreanos, celebracións ou incluso despedidas da vida.

Tamén poñemos á túa disposición a posibilidade de contar con un agasallo solidario. Dende instrumentos musicais, pezas de artesanía de pequeno formato, camisolas ou todo tipo de complementos.

ORGANIZA O TEU EVENTO!
CHAMA AO 647 647 404
OU ENVIA UN E-MAIL A

ascmaiscantos@gmail.com