top of page
MAIS CANTOS.jpg

Iniciativa galega de canto e danza comunitaria inspirada nos principios da musicoterapia social, a participación cultural e a celebración colectiva.

​

Entendemos o canto, a música, a danza e as artes como ferramentas de encontro, coidado e apoio mutuo, capaces de activar comunidades e fortalecer os vínculos entre as persoas.

​

A través da música e danza popular, da emoción compartida, da creación de rituais contemporáneos e da ocupación performática do espazo público, construímos experiencias onde persoas de diferentes idades poden cantar, emocionarse e celebrar xuntas, crear vínculos reais e sentirse parte dunha comunidade viva.

Porque para nós o canto e a danza son, antes que nada, un lugar de encontro.

Cantamos e bailamos para crear comunidade.​

784251451_10245002488061148_83932652695953073.jpg

Cantar xuntos para crear comunidade.

Mais Cantos é canto comunitario, participación cultural e creación colectiva.
Unha comunidade viva que canta, se coida e celebra xunta.

783286682_10245002471700739_78316204795797814.jpg

O canto como lugar de encontro.

Non necesitas saber cantar.

Só ter ganas de compartir, emocionarte e formar parte dunha comunidade que canta.

784076278_10245002474140800_59936655573431179.jpg

Concertos participativos, pasarrúas, performances, accións urbanas e grandes experiencias de canto comunitario no espazo público.

783630110_10245002469940695_25308167077637088.jpg

ACTIVA A TÚA

COMUNIDADE!

O Modelo Mais Cantos é unha tecnoloxía social para activar comunidades a través do canto comunitario, o ritual contemporáneo e a creación colectiva.

Dez anos construíndo comunidade:

​

​Creado e desenvolvido por Nelson Quinteiro, o Modelo Mais Cantos é resultado de dez anos de laboratorio semanal permanente, continuado e simultánea en diferentes centros de ensaio da comarca de Pontevedra.

Centos de funcións e experiencias comunitarias foron conformando unha estética, unha linguaxe e unha maneira de facer propias, hoxe perfectamente recoñecibles.

Un percorrido alimentado pola confluencia dunha longa traxectoria na creación artística, a formación e a práctica profesional e universitaria, e polo coñecemento e a profundidade que só proporcionan determinadas vivencias de calado en primeira persoa.

Todo ese camiño permítenos hoxe fundamentar, nomear e compartir unha maneira propia de facer.

Pero o verdadeiramente importante é moito máis sinxelo.

Aquí atoparás unha comunidade en acción.

​

​

Mayka. A felicidade para nós.
00:11
Elena. Unha comunidade de coidado.
00:18
Xenete. E boas comidas!
00:08
Fina. Cantamos ata na praia!
00:13
Moncha. Que festas montamos!
00:20
Delia. A boa xentiña que nos xuntamos.
00:13
Estrella. O canto como lugar de encontro.
00:02
Concha. Estar todos xuntos!
00:07

“Mais Cantos.
Cantar e bailar
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

VÉN CANTAR!​

​

​LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

​

MOGOR (Concello de Marín)

Mais Cantos

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

​

 

​​​​​INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png

VÉN BAILAR!​

 

Bailoterapia e Baile Galego.

A muiñeira vai con todo!

​​​

PONTEVEDRA

Os mércores ás 10:00 h

Faculdade da UNED, Avda Portugal 1, Monteporreiro


VIGO

Os xoves ás 10:00 h

Aula da UNED, Auditorio do Mar, Rúa Beiramar

 

​

 

​

bottom of page