top of page
MAPA CONCEPTUAL ACTIVIDADE RRSS.png
755264255_10244557793104052_5098201858813760366_n.jpg

Dentro do universo do Modelo Mais Cantos e en alianza coa UNED Sénior nace Bailoterapia · Baile Galego · A Muiñeira Vai con Todo, unha proposta de movemento, saúde e comunidade que utiliza a aprendizaxe e a práctica do baile tradicional galego para traballar obxectivos físicos, cognitivos, emocionais, sociais e identitarios.

VÉN BAILAR!

O corpo tamén ten memoria

​

Bailar é moito máis que aprender uns pasos.

É mover o corpo, activar a mente, escoitar, lembrar, coordinarse, orientarse no espazo e relacionarse cos demais.

​

Pero cando o que bailamos é unha muiñeira, unha xota ou unha pandeirada, cando nos integramos nunha roda, facemos filas, facemos un paseo, marcamos un picado, acontece ademais algo extraordinario: movémonos dentro dunha cultura que recoñecemos como propia e compartímola cos demais.

​

Dentro do universo do Modelo Mais Cantos, entendemos o baile tradicional galego como unha poderosa ferramenta para promover saúde, benestar, participación e comunidade.

​

Desta mirada nace Bailoterapia · Baile Galego · A Muiñeira Vai con Todo, unha actividade desenvolvida en alianza coa UNED Sénior que combina aprendizaxe, práctica do baile galego e dinámicas de movemento adaptadas ás características do grupo.

​

Traballamos desde o corpo, pero tamén desde a memoria, a emoción e o vínculo: mobilidade, equilibrio, coordinación, atención, memoria, autoestima, benestar emocional, relación social, sentido de pertenza e identidade cultural.

​

Non buscamos bailar mellor para subir a un escenario. Bailamos para estar activos. Bailamos para aprender. Bailamos para restaurar e activar novos circuitos neuronais que facilitan a prevención cognitiva. Bailamos para lembrar. Bailamos para desfrutar. Bailamos para compartir.

​

Porque o patrimonio tamén pode coidarnos.

​

CORPO · RITMO · MEMORIA · IDENTIDADE · COMUNIDADE

MANUAL DE IDENTIDADE GRÁFICA.png
VÉN BAILAR CON NÓS

 

Se che gusta a música e moverte, serás benvida ou benvido.

Se nunca bailaches, tamén.

Se buscas coñecer xente, compartir tempo, aprender, emocionarte
ou simplemente probar algo diferente, este pode ser o teu lugar.

Non tes que saber bailar unha muiñeira.

Só precisas traer contigo ganas de desfrutar a través do movemento.

O resto construímolo entre todos.

Movendo o corpo, activando a memoria
e bailando xuntos para crear comunidade.

Moitas grazas! Facilitaremos os teus datos á Secretaría da UNED e axiña nos poremos en contacto contigo!

Agardamos que veñas formar parte da comunidade Mais Cantos!

DESEÑO DEFINITIVO CAMISETA.png

“Mais Cantos.
Cantar e bailar
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

VÉN CANTAR!​

​

​LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

​

MOGOR (Concello de Marín)

Mais Cantos

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

​

 

​​​​​INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png

VÉN BAILAR!​

 

Bailoterapia e Baile Galego.

A muiñeira vai con todo!

​​​

PONTEVEDRA

Os mércores ás 10:00 h

Faculdade da UNED, Avda Portugal 1, Monteporreiro


VIGO

Os xoves ás 10:00 h

Aula da UNED, Auditorio do Mar, Rúa Beiramar

 

​

 

​

bottom of page