top of page
1dd14015-c9b0-42de-a7fc-56e980603720.png

No Modelo Mais Cantos, o esencial constrúese cada semana, nos encontros, nas sesións e na vida dos grupos.

​

Pero é nas experiencias Mais Cantos, onde todo cobra sentido, onde esa comunidade sae ao encontro dos demais, faise visible e ocupa artisticamente rúas e prazas.

​

Non somos figurantes: somos participantes, intérpretes, creadoras, axentes vivos e protagonistas.

​

Música, canto comunitario, ritual contemporáneo, celebración e encontro transforman o espazo público.

​

Unha rúa, unha praza, un recipiente escénico deixan de ser lugar de paso para converterse en lugar de encontro.  E iso é algo que queremos que aconteza na túa vila.

​

LÉVANOS!

01.png

Un itinerario. Moitas voces. Unha comunidade.

Unha experiencia participativa de canto, música e encontro que convida á veciñanza a cantar e celebrar xuntos/as o seu espazo público.

01.png

Porque o pequeno tamén é extraordinario!

Escollemos a escala das persoas e das mesas compartidas, as cancións coñecidas e os encontros que deixan pegada.

01.png

Porque o Nadal tamén é un lugar de encontro.

Cantamos para celebrar encontrarnos e facer comunidade a través das panxoliñas, cantos de Nadal e de Reis. Con capas verdes, coroas de acivro, candeas. E se queres con piano de cola!

01.png

Unha canción. Unha praza. Toda unha comunidade.

Unha experiencia participativa de grande formato que converte unha canción pertence á memoria colectiva e á identidade nun ritual contemporáneo de comunidade.

370548159_705133758307156_4189487685110121940_n.jpg

“Mais Cantos.
Cantar e bailar
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

VÉN CANTAR!​

​

​LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

​

MOGOR (Concello de Marín)

Mais Cantos

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

​

 

​​​​​INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png

VÉN BAILAR!​

 

Bailoterapia e Baile Galego.

A muiñeira vai con todo!

​​​

PONTEVEDRA

Os mércores ás 10:00 h

Faculdade da UNED, Avda Portugal 1, Monteporreiro


VIGO

Os xoves ás 10:00 h

Aula da UNED, Auditorio do Mar, Rúa Beiramar

 

​

 

​

bottom of page