top of page
LOLIÑA.png

Mais Cantos está a piques de cumprir 10 anos e inicia un proceso de metamorfose e transformación para contar o que realmente somosE dentro deste proceso, un dos primeiros pasos consiste en crear unha nova imaxe visual e un novo logotipo ó que demos en bautizar como "Loliña".

 

Loliña é a nova imaxe simbólica de MAIS CANTOS

 

Loliña nace da vontade de representar visualmente aquilo que MAIS CANTOS leva dez anos construíndo: un espazo humano onde as persoas poden volver atoparse a través da música, da emoción e do vínculo colectivo. Unha nena coroada de flores que representa a capacidade da música e do canto para volver conectarnos coa parte máis viva, luminosa e humana de nós mesmos.

Loliña é unha metáfora visual da comunidade que somos e a expresión dese "neno/a musical" que emerxe en nós a través das experiencias musicais.

 

¿Sabías que Loliña existe de verdade?

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO APAISADO.png

A historia

O seu nome é unha homenaxe real a unha nena que, dende bebé, acompañou os ensaios de Lourido porque a súa avoa, Fina, membro da comunidade, compartía con ela o tempo da vida cotiá e dos coidados.

 

Detrás desta pequena historia aparece tamén unha reflexión contemporánea sobre o valor silencioso das redes afectivas e familiares que sosteñen a sociedade actual: avoas e avós que acompañan, coidan, transmiten memoria e continúan sendo un piar esencial da comunidade.

 

Mais Cantos observa esta realidade desde o agradecemento e a conciencia colectiva.

Porque precisamente fronte a dinámicas sociais como a soidade non desexada, o idadismo, o baleirado do rural, o illamento tecnolóxico ou a fragmentación social, o proxecto reivindica a importancia dos vínculos humanos, da presenza e do encontro. Loliña simboliza así: ​

  • a transmisión interxeracional

  • o coidado mutuo

  • a memoria viva

  • os afectos compartidos

  • a comunidade entendida como lugar de pertenza e acompañamento.

¿Por que é así?

LOLIÑA DE VERÁN.png

Un debuxiño

Loliña, como debuxo, é imperfecto, artesanal, espontáneo, delicado. A ilustración remite á infancia, ó debuxo manual, memoria, tradición oral, cultura popular, e ao caderno escolar.

MAIS CANTOS escolle unha imaxe que transmite proximidade, tenrura, verdade, alegría, coidado, humanidade e tamén serenidade. Non busca aparentar perfección.  Busca transmitir vida.

LOLIÑA DE NADAL.png

¿Por que a nosa bandeira?

A faixa inspirada na bandeira galega aparece como símbolo de pertenza, identidade emocional, memoria compartida, territorio humano. Representa á Galicia vivida desde abaixo: a das voces, das avoas, das prazas, das cancións de sobremesa, dos coidados, das relacións humanas.. A bandeira aquí abraza.  Funciona como casa.

LOLIÑA DE OUTONO.png

Unha coroa vexetal

A coroa é un dos elementos simbólicos máis importantes da identidade visual de MAIS CANTOS. Por unha banda remite: á celebración, ás festas populares, á música compartida, aos ciclos comunitarios, e á cultura viva do país. Pero tamén funciona como representación do ciclo natural do ano, conectando coas estacións, coa terra e coa memoria colectiva.

Esta mirada entronca tamén coas correntes de musicoterapia social desenvolvidas nos países escandinavos, onde natureza, comunidade, emoción e experiencia musical aparecen profundamente vinculadas

LOLIÑA DE ENTROIDO.png

¿Por que unha nena?

A maioría dos integrantes da comunidade somos persoas maiores.  Pero o canto compartido produce algo extraordinario: permítenos reencontrarnos coa parte máis viva, libre, espontánea e luminosa de nós mesmos/as.

Neste sentido, a figura de Loliña conecta profundamente coas correntes humanistas da musicoterapia e especialmente coa tradición de "Nordoff-Robbins",  modelo de musicoterapia creativa, que entende a música como un espazo capaz de activar a identidade máis auténtica, creativa e emocional das persoas. Loliña representa ese “neno/a musical” que emerxe en nós a través da participación activa nas experiencias musicais, independentemente da idade.

“Mais Cantos.
Cantar xuntos
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

NOVO CURSO 2026-2027!

PONTESAMPAIO (Concello de Pontevedra)

Todos os luns ás 16:30 h

Plan Activa Provincia. Excma Deputación Provincial

+ Áurea Xestión Cultural

PORTONOVO

Todos os luns ás 19:00 h

Plan Activa Provincia. Excma Deputación Provincial

+ Áurea Xestión Cultural

LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

MOGOR (Concello de Marín)

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

 

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png
bottom of page