top of page
MAIS CANTOS INFANTIL 1_edited.jpg

Proposta de musicoterapia educativa e canto comunitario para nenos e nenas de 4 a 9 anos.

Mais Cantos Infantil adapta os principios e obxectivos do Modelo Mais Cantos ás necesidades específicas da infancia, empregando a música, o canto, o ritmo, o movemento e o xogo como ferramentas de aprendizaxe, desenvolvemento persoal e relación cos demais.

​

TODOS OS MARTES

17:15 A 18:30 h

Local Social Costa Xiráldez de Lourido

OS PARRULOS

Inicio: 15 de setembro de 2026

​

1. APRENDER A TRAVÉS DA MÚSICA

 

A experiencia musical permite reforzar de maneira lúdica aprendizaxes vinculadas ao desenvolvemento e ao marco educativo: números, letras, cores, formas, tamaños, distancias, secuencias, orientación espacial, linguaxe, memoria, atención e asociación conceptual. Cancións, ritmos, movementos e xogos musicais convértense así en vehículos para comprender, lembrar, relacionar e descubrir.

APRENDER A ESTAR COS DEMAIS.png

2. APRENDER A ESTAR COS DEMAIS

 

A través de dinámicas musicais estruturadas trabállanse quendas, espera, escoita, roles, regras compartidas, autorregulación, cooperación, responsabilidade e traballo en equipo. O xogo cooperativo substitúe progresivamente a lóxica de «gañar ou perder» pola experiencia de conseguir algo xuntos.

DESCUBRIR QUEN SON DENTRO DO GRUPO.png

3. DESCUBRIR QUEN SON DENTRO DO GRUPO

 

Preténdese construír un espazo seguro, participativo e preventivo no que cada neno ou nena poida explorar as súas capacidades, expresar a súa personalidade, descubrir intereses e talentos e experimentar que a diferenza individual non compite co colectivo: enriquéceo.

APRENDER MÚSICA FACENDO MÚSICA.png

4. APRENDER MÚSICA FACENDO MÚSICA

 

Canto, voz, ritmo, percusión corporal, movemento, instrumentos e escoita permiten descubrir progresivamente pulso, ritmo, melodía, intensidade, altura, timbre, estrutura, silencio, coordinación e expresión musical.

UN IMAXINARIO PARA CANTAR E XOGAR.png

5. UN IMAXINARIO PARA CANTAR E XOGAR

 

O conto musical, as cantigas infantís, xogos de roda, cantigas de maio, Nadal, Entroido e outros repertorios vinculados ao ciclo anual permiten construír sesións conectadas coa tradición, o territorio e o ritual contemporáneo. Xunto a elas aparece o gran imaxinario universal da infancia: animais · natureza · corpo · onomatopeas · personaxes · fantasía · estacións · emocións · xogo simbólico.

VÉN CANTAR E XOGAR CON NÓS!

​

Se ao teu neno ou nena lle gusta a música, este pode ser o seu lugar. Se lle gusta cantar, bailar, tocar, inventar e xogar, tamén. E se aínda non sabe cal é o seu talento, imos descubrilo xuntos.

 

Non precisa saber música.
Non precisa cantar coma un merlo.

Só traer curiosidade, ganas de xogar e de compartir cos demais. Nós poñemos as cancións, os instrumentos, os contos, o movemento e un espazo seguro onde aprender facendo música.

 

Mais Cantos Infantil.
Cantar · Xogar · Aprender · Compartir

MOITAS GRAZAS!

“Mais Cantos.
Cantar e bailar
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

VÉN CANTAR!​

​

​LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

​

MOGOR (Concello de Marín)

Mais Cantos

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

​

 

​​​​​INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png

VÉN BAILAR!​

 

Bailoterapia e Baile Galego.

A muiñeira vai con todo!

​​​

PONTEVEDRA

Os mércores ás 10:00 h

Faculdade da UNED, Avda Portugal 1, Monteporreiro


VIGO

Os xoves ás 10:00 h

Aula da UNED, Auditorio do Mar, Rúa Beiramar

 

​

 

​

bottom of page