top of page

CANTA CON NÓS

_REP1343-1.jpg

Buscamos xente coma ti, con ganas de pasalo ben, de cantar e de coñecer xente. De armar festas e desfrutar do momento.
En Mais Cantos aprenderás a respirar, a entonar, a afinar, a facer voces, e compartirás cos teus compañeiros un repertorio cheo de cancións populares, tradicionais e cantos de taberna.

ENSAIOS ABERTOS

Todas as semanas temos ensaios regulares abertos á incorporación de novos membros para a nosas actividade.

Dirixidos por Nelson Quinteiro, o método didáctico parte do traballo corporal e de quencemento de cara a un desenvolvemento vocal, por medio de estiramentos, xogos ou dinámicas de desinhibición.

O segundo tramo da clase céntrase no apartado vocal: respiración, vocalización, articulación e afinación, desenvolvemento da capacidade cromática das voces e mellora das cualidades individuais e grupais.

A terceira parte do ensaio consiste no ensaio do repertorio de cantigas do propio grupo. Temos un cancioneiro con máis de 100 cantigas entre pezas populares, temas tradicionais ou cancións específicas de cantos de taberna. Un repertorio 100% en galego e con un sabor moi mariñeiro.

_REP1863-1.jpg
CANDO SON?

EN POIO

Neste momento estamos ensaiando TODOS OS MARTES no LOCAL SOCIAL DA AAVV DE LOURIDO (Poio) en horario de 18:00 h a 19:30 h. A partir deste curso abriremos outro grupo para novas incorporacións, en horario de 20:00 a 21:30 h

EN MARÍN

Neste momento estamos ensaiando TODOS OS MÉRCORES na CASA DA CULTURA DE MOGOR en horario de 18:00 h a 19:30 h

EN PONTEVEDRA

Ensaiamos TODOS OS XOVES no salón de actos da CENTRO DE DÍA AFAPO (Rúa Curtidoira 3) en horario de 18:15h a 19:45h.

 

En todos os grupos temos aberto o período de inscripción. ¿Apúntaste? Vén cantar con nós!

CANTO COSTA?
_REP1429-1.jpg

Para formar parte de MAIS CANTOS existe unha cuota mensual por participante é de 20 € ao mes, que se paga o primeiro día de ensaio de cada mes.

COMO PODO PARTICIPAR?

Para formar parte de Mais Cantos só tes que deixarte caír por algún dos nosos ensaios e probar unha clase sen compromiso nengún ou contactar por teléfono ou whatsapp no teléfono 647 647 404.

Tamén podes solicitar información enchendo o seguinte formulario

_REP9563-1.jpg
CANTA CON NÓS!

Moitas grazas!

Axiña chamarémoste!

bottom of page