top of page

QUENES SOMOS

2017-2027. 

Moito máis que un coro:

Unha auténtica comunidade emocional

 

MAIS CANTOS dá os seus primeiros pasos en setembro de 2017 como unha iniciativa galega de canto comunitario inspirada nos principios da musicoterapia social, a participación cultural e a creación colectiva.

A través da música popular, da emoción compartida e da ocupación humana do espazo público, construímos experiencias onde persoas de diferentes idades poden emocionarse xuntas, crear vínculos reais e sentirse parte dunha comunidade viva.

Non importa saber cantar.

Importa querer participar.

​Porque para nós o canto non é un fin.

É unha ferramenta de coidado e de apoio mutuo.

20260424-saiz-grandola-vila-morena-0231_17_966x544.jpeg

O canto como lugar de encontro

 

Nun tempo marcado pola velocidade, a hiperconexión tecnolóxica, a soidade non desexada a fragmentación social e a polarización, reivindicamos algo tan sinxelo como poderoso: cantar xuntos.

Cantamos para lembrar.

Cantamos para coidarnos.

Cantamos para celebrar a vida e a ledicia de compartir tempo con outras persoas.

Cada ensaio convértese nun espazo de encontro onde a música funciona como ponte entre emoción, memoria, identidade e comunidade.

Un proxecto inspirado na vida real

MÁIS CANTOS nace da man de Nelson Quinteiro como resultado de anos de experiencia no ámbito escénico, musical e da creación cultural.

Co paso do tempo, diferentes experiencias vitais e persoais, xunto con decisións formativas e profesionais, orientan o seu percorrido cara á creación comunitaria, ás artes aplicadas ao benestar e á musicoterapia socialAsí, a música deixa de entenderse unicamente como unha expresión artística para converterse nunha ferramenta de encontro, coidado, memoria e transformación colectiva.

O que comezou como unha proposta arredor do canto popular converteuse co paso do tempo nunha comunidade formada por persoas que atoparon na música unha forma de crear amizades, fortalecer vínculos e seguir participando activamente na vida social e cultural do seu territorio.

Hoxe, dez anos despois, continuamos medrando sen perder aquilo que nos fixo nacer: a convicción de que todas as voces importan.

_REP1343-1.jpg
3P0A4092 copia.jpg

9 anos creando comunidade

​​

Ao longo destes anos participamos en centos de actuacións, encontros, intervencións urbanas e experiencias comunitarias por toda Galicia.

Levamos as nosas voces a prazas, rúas, auditorios, areais, centros culturais, residencias e centros sociocomunitarios, campañas sociais e espazos públicos de todo tipo.

A forza colectiva de MÁIS CANTOS, xunto coa enerxía, a alegría e a capacidade de implicación que caracterizan cada encontro, converten a iniciativa nunha proposta idónea para festas populares, campañas de dinamización comercial, encontros gastronómicos, programación cultural e accións comunitarias.

Pero o noso maior logro non se mide en escenarios.

Mídese nas persoas.

Nas amizades creadas.

Nos afectos compartidos.

Na comunidade construída entre todos.

_REP1863-1.jpg
VÉN CANTAR CON NÓS


Se che gusta a música, serás benvida ou benvido.

Se nunca cantaches, tamén.

Se buscas coñecer xente, compartir tempo, emocionarte

ou simplemente probar algo diferente, este pode ser o teu lugar.

Non tes que cantar coma un merlo.

Só precisas traer contigo ganas de participar.

O resto construímolo entre todos.
Cantando xuntos para crear comunidade.

Moitas grazas! Agardamos que veñas formar parte da comunidade Mais Cantos!

Marín. Promoción Comercial. 30 de maio 2026
03:08
Mais Cantos! Os Mariñeiros.
03:03
Oh Rama! Cantata comunal e pública polo 25 de abril en Pontevedra coa Banda do Nelson Quinteiro
01:11
Aldea de Nadal Vilagarcía 2025
01:46
Acendido Alumeado Nadal Cangas 2025
02:18
Senhora do Almortão. Cantata comunal polo 25 de abril en Pontevedra coa Banda do Nelson Quinteiro
03:13
FESTAS DE SAN XOÁN DE POIO 2022. Desfile, pregón e serán.
06:35

“Mais Cantos.
Cantar xuntos
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

SESIÓNS EN POIO

TODOS OS MARTES en horario de 18:00 a 20:00 h no Centro Sociocultural COSTA XIRÁLDEZ do Parque de Lourido, en Poio.

SESIÓNS EN MARÍN

TODOS OS MÉRCORES en horario de 18:00 a 20:00 h na Casa da Cultura de Mogor

PRÓXIMAMENTE NOVAS COMUNIDADES!

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
  • w-vimeo
  • w-youtube
bottom of page