top of page

COMUNIDADE

O maior tesouro de MAIS CANTOS son as persoas que todas as semanas suman o seu gran de area a esta historia. Persoas coma ti e coma nós que atopan en MAIS CANTOS unha comunidade onde compartir as súas voces, as súas experiencias e aportar o valor da súa amizade.

Persoas que se emocionan e se motivan cando teñen que preparar as súas roupas brancas, as súas frores, para ir cantar polas prazas. Somos un grupo ben xeitoso! Somos, coma unha familia! Viva Mais Cantos!

AS NOSAS HISTORIAS
IMG_20200715_213533ok.jpg
Darío. Pontevedra.

Mais Cantos para nosotros fue la forma de entender nuestros cantos y nuestro folclore y también una forma de conocer a gentes diversas y llegar a hacer una piña dirigida por el gran Mestre Nelson Quinteiro.

Nos gusta Mais Cantos!

_REP7290-1.jpg
Teresa, Pontevedra

Mais Cantos me ha portado conocer a un grupo de gente excelente y muy generosa que me han aportado una tranquilidad que necesité tras la pérdida de una persona muy querida para mí. Me han ayudado a seguir adelante.

Por eso, que viva Mais Cantos!

_REP1917-1_edited.jpg
Elena,
Pontevedra

Para min, recién xubilada, desconectando do mundo laboral, foi como que xurdiu unha cousa xenial e marabillosa na que eu me sentín totalmente ben e me aportou moitísimas cousas.
Coñecín a xente marabillosa, que non imaxinaba que ía coñecer.

O ir aos ensaios apórtame ilusión, despois imos tomar algo, é como que temos un motivo para esforzarnos un pouco, saír da casa e é moi gratificante.
 

Cando saímos cantar, nas Experiencias de Mais Cantos, vivo unha sensación por momentos onírica, todos vestidos de branco, cantando esas cancións tan bonitas... É como ir en globo.
As conversas de tú a tú gústanme moitísimo. Coñecín grandísimos amigos.
Agora mesmo dinme... isto rematou... e para min sería como quedar mutilada, como que me ía faltar de súpeto algo moi importante na miña vida.
A nivel familiar non me aportou nada que non tivera, porque son afortunada, pero reafirmou a miña independencia.

_REP1307-1.jpg
Ángel Ferreño
Pontevedra

Mais cantos faime sentir o que sinten uns avos cos netos! Ledicia! Os compañeiros son xoias pra min. Canto me agariman!! Como algo tan sinxelo me fai sentir tan grande!! 

Co amor que hai neste grupo ides deixar sen traballo aos anxos. Sodes un pedazo de ceo, ternos, garimosos, un bálsamo pra a miña vida.

E non me dá vergoña dicilo, sintome xoven, seguro, feliz. 

É un orgullo formar parte de este proxecto.

Moitos presumen de luxos e cartos, eu presumo de compañeir@s e sobre todo, do artífice desta historia “o grande Nelson Quinteiro", pra min un referente, persoa sensible que nos leva como o aire as follas e que os que xa temos reflexos no pelo, el énchenos de puro ouro o corazón.

bottom of page