NOVAS
Actividades, festas, seráns, foliadas, romerías ou paparotas durante todo o ano e festexando o ciclo festivo do ano. Mantente informado e vén cantar con nós!!!
Nelson Quinteiro e os Colectivos Mais Cantos participarán na Feira PONTESÁN 2022 de Pontevedra percorrendo as rúas con un colorido pasarrúas musical que culminará con un acto nas escalinatas do Pazo Provincial.
Durante a fin de semana do 20, 21 e 22 de maio celébrase en Pontevedra a terceira edición da Feira PONTESÁN que aglutina a case medio cento de colectivos relacionados coa saúde, o benestar e o terceiro sector.
A nosa iniciativa MAIS CANTOS forma parte da programación como un exemplo de como a música, o ritmo, a convivencia e a vibración conxunta poden contribuir a unha saúde mental positiva e saudable, tema central da proposta global da feira para este ano.
Así, o sábado 21 de maio, dende as 18:30 h, media centena de músicos/as e cantareiros/as sairemos de Benito Corbal para percorrer a Boa Vila polas prazas da Ferrería, Peregrina, Rúa Michelena, Rúa Gutierrez Mellado, Praza de España, para rematar con un fermoso acto nas escalinatas do Pazo Provincial.
Agardámosvos!!!!
+INFO: www.maiscantos.org
#pontesan2022 #pontesán #pontevedra #musicatradicional #convivencia #maiscantos #cantopopular #depontevedra @pontevedrate @deputacionpontevedra #stopdepression #saudemental #vida #alegria

Mais Cantos porá vida ao Desfile de Entroido Ancestral e Serán de Entroido detro das actividades do Entroido do Concello de Zas
O vindeiro 26 de febreiro de 2022 un autobús zarpará dende Lourido destino a Baio, no Concello de Zas, para animar e festexar o Entroido deste particular Concello da comarca de Bergantiños.
Nel irán a bordo máis dunha ducia de gaiteiros/as, cun quinteto dos Gaiteiros das Rías Baixas e outro sexteto dos Gaiteiros Desbrosadores de Cangas. O resto de prazas serán ocupadas por un importante séquito de cantareiros e cantareiros do Colectivo Mais Cantos.
Vestido de branco con adornos florais e portanto estandartes ancestrais de Entroido, charrascos e tradipaus, ramallos de mimosa e de loureiro e ao son das gaitas, bombos e tambores, iniciarán un desfile que arrancará ás 17:30 h da Casa de Cultura de Baio para chegar á nova Praza Jorge Mira, onde participarán dun colorido serán dinamizado por Nelson Quinteiro e o seu trío "Os Tabernarios" con Álvaro Cardalda ao acordeón e Iago Prieto á gaita.
O repertorio do serán estará formado polas cantigas máis emblemáticas do Colectivo Mais Cantos, como "Gaivotiña", "Nun Bou", "Amor Rianxeiro", "San Benitiño", "Miñas Cousas", "O Miudiño", "Rianxo", "Cantar de Ferrol" ou "O vivir en Baio, que bonito é".
Levaremos unha completa bolsa de picnic para todos os cantareiros/as e músicos/as, e iremos con ganas de armar a mellor das nosas festas!!!
