top of page
LOLIÑA.png

Mais Cantos está a piques de cumprir 10 anos e inicia un proceso de metamorfose e transformación para contar o que realmente somosE dentro deste proceso, un dos primeiros pasos consiste en crear unha nova imaxe visual e un novo logotipo ó que demos en bautizar como "Loliña".

 

Loliña é a nova imaxe simbólica de MAIS CANTOS

 

Loliña nace da vontade de representar visualmente aquilo que MAIS CANTOS leva dez anos construíndo: un espazo humano onde as persoas poden volver atoparse a través da música, da emoción e do vínculo colectivo. Unha nena coroada de flores que representa a emoción compartida, a memoria afectiva, a alegría colectiva e a capacidade do canto para volver conectarnos coa parte máis viva, luminosa e humana de nós mesmos.

Loliña é unha metáfora visual da comunidade que somos.

 

¿Sabías que Loliña existe de verdade?

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO APAISADO.png

A historia

O seu nome é unha homenaxe real a unha nena que, dende bebé, acompañou os ensaios de Lourido porque a súa avoa, Fina, membro da comunidade, compartía con ela o tempo da vida cotiá e dos coidados.

 

Detrás desta pequena historia aparece tamén unha reflexión contemporánea sobre o valor silencioso das redes afectivas e familiares que sosteñen a sociedade actual: avoas e avós que acompañan, coidan, transmiten memoria e continúan sendo un piar esencial da comunidade.

 

Mais Cantos observa esta realidade desde o agradecemento e a conciencia colectiva.

Porque precisamente fronte a dinámicas sociais como a soidade non desexada, o idadismo, o baleirado do rural, o illamento tecnolóxico ou a fragmentación social, o proxecto reivindica a importancia dos vínculos humanos, da presenza e do encontro. Loliña simboliza así: ​

  • a transmisión interxeracional

  • o coidado mutuo

  • a memoria viva

  • os afectos compartidos

  • a comunidade entendida como lugar de pertenza e acompañamento.

¿Por que é así?

LOLIÑA DE VERÁN.png

Un debuxiño

Loliña, como debuxo: é imperfecto, artesanal, espontáneo, delicado.

A ilustración remite á: infancia, debuxo manual, memoria, tradición oral, cultura popular, e ao caderno emocional compartido das pequenas comunidades.

MAIS CANTOS escolle unha imaxe que transmite: proximidade, tenrura, verdade, alegría, coidado, humanidade.

Non busca aparentar perfección.

Busca transmitir vida.

LOLIÑA DE NADAL.png

¿Por que a nosa bandeira?

A faixa inspirada na bandeira galega aparece como: símbolo de pertenza, identidade emocional, memoria compartida, territorio humano.

Representa a Galicia vivida desde abaixo: a das voces, das avoas, das prazas, das cancións de sobremesa, dos coidados, das relacións humanas..

A bandeira aquí abraza.

Funciona como casa.

LOLIÑA DE OUTONO.png

Unha coroa vexetal

A coroa é un dos elementos simbólicos máis importantes da identidade visual de MAIS CANTOS. Por unha banda remite: á celebración, ás festas populares, á música compartida, aos ciclos comunitarios, e á cultura viva do país.

Pero tamén funciona como representación do ciclo natural do ano, conectando coas estacións, coa terra e coa memoria colectiva.

Esta mirada entronca tamén coas correntes de musicoterapia social desenvolvidas nos países escandinavos, onde natureza, comunidade, emoción e experiencia musical aparecen profundamente vinculadas

LOLIÑA DE ENTROIDO.png

¿Por que unha nena?

A maioría dos integrantes da comunidade somos persoas maiores.

Pero o canto compartido produce algo extraordinario: permítenos reencontrarnos coa parte máis viva, libre, espontánea e luminosa de nós mesmos/as.

Neste sentido, a figura de Loliña conecta profundamente coas correntes humanistas da musicoterapia e especialmente coa tradición de "Nordoff-Robbins",  modelo de musicoterapia creativa", que entende a música como un espazo capaz de activar a identidade máis auténtica, creativa e emocional das persoas. Loliña representa ese “neno musical” que continúa existindo dentro de nós independentemente da idade.

Mapa conceptual

MAPA CONCEPTUAL LOGOTIPO.png
Mayka. A felicidade para nós.
00:11
Elena. Unha comunidade de coidado.
00:18
Xenete. E boas comidas!
00:08
Fina. Cantamos ata na praia!
00:13
Moncha. Que festas montamos!
00:20
Delia. A boa xentiña que nos xuntamos.
00:13
Estrella. O canto como lugar de encontro.
00:02
Concha. Estar todos xuntos!
00:07

“Mais Cantos.
Cantar xuntos
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

SESIÓNS EN POIO

TODOS OS MARTES en horario de 18:00 a 20:00 h no Centro Sociocultural COSTA XIRÁLDEZ do Parque de Lourido, en Poio.

SESIÓNS EN MARÍN

TODOS OS MÉRCORES en horario de 18:00 a 20:00 h na Casa da Cultura de Mogor

PRÓXIMAMENTE NOVAS COMUNIDADES!

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
  • w-vimeo
  • w-youtube
bottom of page