top of page
Search

Comeza a actividade de musicoterapia segundo o Modelo Mais Cantos na Casa da Cultura de Pontesampaio dentro do programa +Xuntas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra

Sep 8
1 min read
A Casa da Cultura de Pontesampaio acolleu o pasado 7 de setembro a primeira sesión de musicoterapia segundo o Modelo Mais Cantos, dentro do programa +Xuntas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través de Áurea Xestión Cultural S.L.
A Casa da Cultura de Pontesampaio acolleu o pasado 7 de setembro a primeira sesión de musicoterapia segundo o Modelo Mais Cantos, dentro do programa +Xuntas da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, a través de Áurea Xestión Cultural S.L.

A actividade propón experimentar os beneficios da música desde unha perspectiva activa, participativa e comunitaria.

Nesta primeira sesión traballáronse respiración, ritmo, memoria, coordinación, percusión, canto, movemento, escoita e expresión emocional, combinando instrumentos, dinámicas corporais e repertorio popular vinculado ao territorio.

Un primeiro encontro para romper o xeo, crear vínculo e descubrir na práctica como a música pode converterse nunha ferramenta de benestar, aprendizaxe e comunidade.

A boa acollida da primeira sesión quedou reflectida tamén nas valoracións das participantes. Estrella definiuna como «fantástica, moi amena, moi participativa», destacando que «participamos todas, xuntámonos todas, levantámonos e iso que somos persoas maiores». Pola súa banda, Ainhoa, tras o exercicio final de escoita e simbolización, describiu a experiencia como «unha corrente de sensacións», unha paisaxe sonora «moi emocionante e moi diferente a todo o que tivera experimentado».

Un primeiro encontro para cantar, moverse, sentir, descubrir e, sobre todo, facer comunidade a través da música.

Se queres formar parte desta actividade, que terá lugar todos os luns deste trimestre, podes contactar a través do teléfono 647647404. Só ten un coste único de 7 € en concepto de seguro de responsabilidade civil.


 
 
 

Comments


“Mais Cantos.
Cantar xuntos
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

NOVO CURSO 2026-2027!

PONTESAMPAIO (Concello de Pontevedra)

Todos os luns ás 16:30 h

Plan Activa Provincia. Excma Deputación Provincial

+ Áurea Xestión Cultural

PORTONOVO

Todos os luns ás 19:00 h

Plan Activa Provincia. Excma Deputación Provincial

+ Áurea Xestión Cultural

LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

MOGOR (Concello de Marín)

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

 

INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png
bottom of page