top of page
Search

Comeza a conta atrás para o noso décimo aniversario2017–2027. Dez anos cantando xuntos para crear comunidade.

Aug 31
1 min read

Mais Cantos entra nun curso moi especial. Comeza a conta atrás para celebrar en 2027 os nosos dez anos de vida, e facémolo renovándonos por fóra e consolidándonos por dentro.

Estreamos nova identidade corporativa, coa nosa Loliña como símbolo dunha comunidade viva; presentamos unha nova páxina web, que recolle quen somos, o que facemos e as experiencias que queremos seguir levando a novas vilas; e avanzamos na consolidación do Modelo Mais Cantos, sistematizando unha década de práctica arredor da musicoterapia social e comunitaria, o canto como lugar de encontro, o ritual contemporáneo e a participación cultural.

E, sobre todo, comezamos un novo curso.

As comunidades deLourido (Poio) e Mogor (Marín) volverán encher de cancións, encontros e vida co

mpartida as sesións semanais. E abrimos novas células os luns en Pontesampaio (16:30 h) e Portonovo (19:00 h). Ademáis de Mais Cantos Infantil!

Temos por diante meses de música, memoria, coidado, celebración e comunidade. E tamén novos proxectos que iremos desvelando pouco a pouco desde este blog.

Comeza a conta atrás.En 2027, Mais Cantos cumpre dez anos.E queremos chegar cantando.

¿Queres formar parte desta nova aventura? Inscríbete AQUI: https://www.maiscantos.org/quen-somos

 
 
 

Comments


“Mais Cantos.
Cantar e bailar
para crear
comunidade.”

LOGOTIPO DEFINITIVO FONDO BLANCO.png

VÉN CANTAR!​

​

​LOURIDO (Concello de Poio)

Local Social Costa Xiráldez (Os Parrulos)

Mais Cantos Infantil

Todos os martes ás 17:15 h

Mais Cantos

Todos os martes ás 18:30 h

​

MOGOR (Concello de Marín)

Mais Cantos

Centro Social Sete Espadas

Todos os mércores ás 18:00 h

​

 

​​​​​INSCRIPCIÓN E INFORMACIÓN EN

647 647 404

nelson.quinteiro@gmail.com

  • Facebook
7c511b77-7585-4183-a315-774ea05b6076.png

VÉN BAILAR!​

 

Bailoterapia e Baile Galego.

A muiñeira vai con todo!

​​​

PONTEVEDRA

Os mércores ás 10:00 h

Faculdade da UNED, Avda Portugal 1, Monteporreiro


VIGO

Os xoves ás 10:00 h

Aula da UNED, Auditorio do Mar, Rúa Beiramar

 

​

 

​

bottom of page